jueves, 19 de abril de 2012

TÉNICAS DE ESTUDO

No blog http://recursoshumanosa.blogspot.com.es/ podemos atopar distintas técnicas de estudo que poden servirnos para asesorar ao noso alumnado.

Concretamente no artigo titulado “como estudiar mejor”, ofrecenos consellos prácticos para aproveitar o tempo de estudo. Tan só vinte minutos de concentración e silenzo, poden axudar a aprender e recordar moito máis, que horas de traballo con distraccións e facendo varias tarefas ao tempo.
Para estudar débese buscar un lugar sen ruido para concentrarase mellor no traballo.
É importante a organización: se os documentos e materiais estan mesturados e espallados, pásase máis tempo buscando o que se necesita que estudando. Os apuntes han de estar nun só lugar onde se poidan atopar fácilmente.

Descansa. Estudar intensamente pode bloquear o cerebro e finalmente, facer difícil a tarefa de pensar con claridade. Hai que facer descansos para relaxar a vista e a mente.

Horario. Non se debe esperar ao último minuto para estudar.

Tema. As asignaturas son diferentes. Os temas que necesitan a memorai poden ser más doados de aprender con pequenas notar e liñas de tempo, mentras que as matemáticas se estudas practicando exercizos.


A IMPORTANCIA DAS TIC EN ORIENTACIÓN

As TIC o servizo da orientación escolar:

No artigo publicado en http://www.slideshare.net/peremarques/orientatic-presentation preséntanse cales son as TIC, mundo dixital formado por informática, telocomunicacións, sonido-imaxe.

As TIC fan grandes aportacións á sociedade en xeral. Do mesmo xeito, tamén impactan sobre a educación: existen novas competencias tecnolóxicas que obrigan a formación continua do profesorado que vai empregar na súa aula as TIC, creando novos contornos virtuais de aprendizaxe.

As TIC son un reto e unha oportunidade na orientación escolar hoxe en día, podemos mellorar e innovar no equipo de orientación aproveitando o valor engadido das novos recursos dixitais.

Os materias de apoio cos que contaremos no futuro nos centros escolares serán: materiais convencionais, mass media, recursos do contorno físico do centro, ferramentas informáticas de aplicación, materiais didácticos multimedia, recursos do ciberespacio (portais e plataformas de contidos educativos, webs de interese educativo, blogs docentes, contornos comunicativos e de teleformación).

As tres grandes razóns para empregar as TIC en educación son: alfabetización dixital dos alumnos/as, productividad e innovar nas prácticas docentes e na orientación escolar.

BLOGS DE ORIENTACIÓN

Dentro da páxina http://www.mister-wong.es/user/ticdo/netvibes/ , podemos consultar un gran número de blog, destaco entre ellos los dos siguientes:



Os profesionais que traballamos nos centros de educación infantil e primaria, ás veces, creamos materiais para o noso alumnado que podemos compartir neste blog. Do mesmo xeito, podemos empregar os materiais que están aquí publicados.

Neste blog están publicados artigos de educación que nos axudan a comprender mellor as características do noso alumnado.

Hai artigos e libros para orientar ao profesorado e as familias.




O blog de orientación “los pedroches foi creado no ano 2010, por orientadores e unha mestra de audición e linguaxe.
Ten recursos utiles para todo o profesorado e, en particular, para os mestres/as de educación especial e audición e linguaxe.

Conta con materiais para orientar ás familias con nenos/as de diferentes idades.
Hai programas e actividades que poden desenvolver os rapaces dende o blog, a través de distintos enlaces.