jueves, 19 de abril de 2012

A IMPORTANCIA DAS TIC EN ORIENTACIÓN

As TIC o servizo da orientación escolar:

No artigo publicado en http://www.slideshare.net/peremarques/orientatic-presentation preséntanse cales son as TIC, mundo dixital formado por informática, telocomunicacións, sonido-imaxe.

As TIC fan grandes aportacións á sociedade en xeral. Do mesmo xeito, tamén impactan sobre a educación: existen novas competencias tecnolóxicas que obrigan a formación continua do profesorado que vai empregar na súa aula as TIC, creando novos contornos virtuais de aprendizaxe.

As TIC son un reto e unha oportunidade na orientación escolar hoxe en día, podemos mellorar e innovar no equipo de orientación aproveitando o valor engadido das novos recursos dixitais.

Os materias de apoio cos que contaremos no futuro nos centros escolares serán: materiais convencionais, mass media, recursos do contorno físico do centro, ferramentas informáticas de aplicación, materiais didácticos multimedia, recursos do ciberespacio (portais e plataformas de contidos educativos, webs de interese educativo, blogs docentes, contornos comunicativos e de teleformación).

As tres grandes razóns para empregar as TIC en educación son: alfabetización dixital dos alumnos/as, productividad e innovar nas prácticas docentes e na orientación escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario