jueves, 19 de abril de 2012

TÉNICAS DE ESTUDO

No blog http://recursoshumanosa.blogspot.com.es/ podemos atopar distintas técnicas de estudo que poden servirnos para asesorar ao noso alumnado.

Concretamente no artigo titulado “como estudiar mejor”, ofrecenos consellos prácticos para aproveitar o tempo de estudo. Tan só vinte minutos de concentración e silenzo, poden axudar a aprender e recordar moito máis, que horas de traballo con distraccións e facendo varias tarefas ao tempo.
Para estudar débese buscar un lugar sen ruido para concentrarase mellor no traballo.
É importante a organización: se os documentos e materiais estan mesturados e espallados, pásase máis tempo buscando o que se necesita que estudando. Os apuntes han de estar nun só lugar onde se poidan atopar fácilmente.

Descansa. Estudar intensamente pode bloquear o cerebro e finalmente, facer difícil a tarefa de pensar con claridade. Hai que facer descansos para relaxar a vista e a mente.

Horario. Non se debe esperar ao último minuto para estudar.

Tema. As asignaturas son diferentes. Os temas que necesitan a memorai poden ser más doados de aprender con pequenas notar e liñas de tempo, mentras que as matemáticas se estudas practicando exercizos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario